Orzamento municipal 2012

O orzamento municipal do Concello de Pontevedra para 2012 está pensado para afrontar unha situación de crise económica estructural; feito con prudencia e sensatez, e atendendo aos datos económicos do último orzamento (2011). Ademais, é un orzamento que por vez primeira está directamente condicionado polos recortes do Estado e da Xunta de Galicia (incluso da Deputación provincial), e por unha normativa marco (o teito de gasto) que impide ir ao Concello de Pontevedra a un crédito de 20 millóns de euros para todo un mandato e permitiría inxectar liquidez á economía local contribuíndo, na medida do posible, a dinamizar esta economía coa conseguinte creación de postos de traballo, premisa vital para o Goberno Local nas actuais circunstancias de incremento do desemprego.

É un orzamento do seu tempo, realista e prudente baseado no mantemento e mellora dos servizos básicos que afectan directamente aos cidadáns e co obxectivo de contribuír a dinamizar a ecomonía local.

O orzamento municipal do Concello de Pontevedra para 2012 é de 63.025.00 euros, unha cifra similar a de hai dous anos, con cotas de investimento similares, que reduce sensiblemente o gasto corrente (en 1,5 millóns de euros) e incrementa substancialmente os servizos sociais.

O endebedamento do Concello sitúase no 37%, é dicir, en 23 millóns de euros, máis 4 que se solicitarán ao longo do 2012.

Ingresos resumen 2012

Ingresos clasificación económica 2012

Gastos resumen 2012

Gastos clasificación económica 2012

Memoria alcaldía 2012

Orzamento concello 2012